Avisar de contenido inadecuado

Ana María Vila Montero recibirá este martes 8 de marzo, "Día Internacional da Muller" o premio "Entre Mulleres" otorgado polo Concello de Lugo.

{
}

 TAGS:undefined

Se tivéramos que resumir a vida de Ana con poucas palabras escolleríamos:

FE- XUSTIZA -MULLER- LOITA- COMPROMISO-AMOR-AMISTADE E SOLIDARIEDADE
Ana Vila naceu en Lugo no 1944, pertenceu a unha familia numerosa. Filla de Gloria Montero Losada e do arquitecto racionalista, Alfredo Vila López. Era a 6º de sete irmáns e vivíron nunha casa cerca do parque Rosalia de Castro deseñada por seu pai,
Estudiou na Compañía de María. No seu despertar adolescente descubrese cunha gran capacidade de amar. Fíxose monxa e mestra. O gran amor que sentía pola familia é o que a leva a traballar cos que sufren e non teñen oportunidades. Asumiu como propia a Teoloxia da Liberación,que une o compromiso relixioso co compromiso social, e traballando no barrio obreiro do Pilar en Madrid entra en contacto con homes e mulleres cos que aprendeu que non hai pobres senon persoas empobrecidas. Uns meses antes da morte de Franco estivo na cadea de mulleres en Yeserias por loitar pola xustiza e os dereitos humanos.
Polo 1975 consigue que a Compañía de María lle permita vivir en Ferreiras, un pobo da montaña de Lugo, que linda con Pedrafita do Cebreiro. Como mestra segue a pedagoxía liberadora de Paulo Freire, comparte vida, traballos e reivindicacións coa veciñanza . Cun grupo de compañeir@s de Escolas Unitarias da provincia de Lugo, reúnese para intercambiar experiencias, compartir recursos e buscar respostas á problemática do rural co obxectivo de dignificar a Escola Rural Galega. Precisamente pola defensa dos dereitos das nenas e nenos da montaña foi expedientada pola delegacion de Educación de Lugo no 1981.
Por esas datas, cun grupo de cristiáns de base pon en marcha a Comunidade Cristián Popular “Amodiño” con claro matiz revindicativo e de compromiso social. Promove a creación, en Lugo, do Comité de Solidaridade con América Latina (COSAL) co fin de sensibilizar sobre as desigualdades Norte- Sur.
No 1983 amplíase o grupo de mestras e mestres das Escolas Unitarias e legalízase o Colectivo Pedagóxico ESTIÑO, que na actualidade está integrado por máis de 23 centros educativos que fan visible algo do seu traballo coa revista escolar Miuzallas e cun calendario póster anual (no que levan participado miles de nen@s) Coa venda dos calendarios sufráganse proxectos educativos en Nicaragua.

Ana tivo duas razóns que a motivaron a marchar como cooperante voluntaria e traballar desinteresadamente por Nicaragua no ano 1988:
- A lectura do “Evanxelio de Solentiname” de Ernesto Cardenal,recuperouna dunha forte crise de Fe e , daquela que tanto se falaba da débeda de Nicaragua, sentiu que a que estaba en débeda con Nicaragua era ela.
- A Revolución Sandinista que levaba a saúde para tod@s, que quería que o ensino chegara a toda a poboación, que repartía terras ó campesiñado… era un proxecto no que quería participar porque tiña para ela un sentido pleno e profundo. A súa fe, a vida cos empobrecid@s e a opción política complementábanse.

Ter tomado conciencia como galega axúdalle a comprender e valorar a historia, a cultura, os costumes, as tradicións e o xeito de ser de Nicaragua e a non colonizar. O seu xeito de vivir e de comprometerse coa xente nica ten moita autenticidade, adaptase ó seu ritmo e axuda ó desenvolvemento das suas capacidades. O compromiso radical co pobo de Nicaragua, a loita pola xusticia e a necesidade de implicarse na defensa dos Dereitos Humanos fanlle moi dificil a continuidade na orde relixiosa e deixa a Cia de María.

No ano 1996 insiste desde Nicaragua na conveniencia de canalizar os apoios que recibe desde Lugo a través dunha ONG. Así nace a ONG de axuda a Nicaragua AXUNICA. Ten unha dobre finalidade: a sensibilización, da poboación luguesa, ante a inxusta distribución da riqueza e a procura de implicación económica institucional e persoal para dar resposta ás demandas dos nicas. Ana non está en Nicaragua para dar limosna o que fai é axudar a que as persoas se xunten, se organicen, reclamen os seus dereitos e digan as necesidades que teñen para logo presentar aquí as súas demandas e buscar os medios de colaborar. Axunica Lugo garantiza que TODAS as axudas chegan integramente a Nicaragua.

Ana, no 2000 pensa que os proxectos realizados deben figurar ao nome dos nicaraguan@s, busca asesoría xurídica e fai que nazan duas fundacións a “Fundación Apostamos por la Vida” FUNDAVI(para a zona rural) e Cally-Tanday (Granada). Trátase de que se sintan donos da súa vida , que decidan por sí e, que teñan a titularidade dos bens materiais.

Con Chepe Ampudia, un dos que ela considera seus mestres en Nicaragua, inicia a súa experiencia de apoio solidario coa mocidade. A idea é que @s cooperantes ademais de ir a solidarizarse, aprendan os valores, a cultura, a historia… do pais.
No 2002 un grupo de mozos e mozas madrileñas coñecen a Ana e empezan a colaborar con Nicaragua, ir de cooperantes voluntari@s no verán, presentar proxectos a través de Axunica e no 2006 constituiense como ONG KASAK. Case un cento de persoas, 63 de Galicia e moit@s atraidos por Ana, temos estado aprendendo e colaborando desinteresadamente.

A AECI, a Xunta de Galicia, o Fondo Galego de Cooperación ,O Concello de Lugo e, xa que logo, os lugues@s e persoas anónimas teñen apoiado en Nicaragua non só proxectos de infraestructuras (casas comunais, centros de saúde, electrificación, letrinas, auga potable, microempresas asociativas) senon tamén educativos, de saúde, hixiene, dereitos humanos, autoestima, dinamización do mundo rural formación e promoción de mulleres…que coordinan un equipo de traballador@s de Nicaragua e Ana Vila. As beneficiarias son as familias nicas empobrecidas pero as verdadeiras protagonistas e o motor e a esperanza do pobo son as mulleres. As mulleres son as máis dispostas á hora de formarse, organizarse, participar en traballos comunitarios e comprometerse e loitar por sacar ós seus fillos/as da marxinación. (Mais información nas webs de AXUNICA e KASAK)
No 2010 estivo dous meses en Haiti a carón da xente que sufriu o devastador terremoto. Foi testemuña da dor,da morte e do sufrimento do pobo e tamén das ganas de vivir e loitar por sair adiante. Desde ese momento AXUNICA tamén colabora economicamente con unha comunidade de Haiti coa que Ana mantén contacto periódico.
Ana está na CAMIÑADA, que é como lle chama ó camiño e a experiencia en Nicaragua . A FE segue sendo o motor da súa vida. Teima na busqueda do Amor en todas as persoas e non se cansa de agradecer o apoio á familia e as amistades.
A 8 de marzo do 2016 Ana está traballando coma sempre en Nicaragua, aumentando os lazos solidarios en Galicia e soñando co que sempre creeu:
FE- XUSTIZA -MULLER- LOITA- COMPROMISO-AMOR-AMISTADE E SOLIDARIEDADE

{
}
{
}

Deja tu comentario Ana María Vila Montero recibirá este martes 8 de marzo, "Día Internacional da Muller" o premio "Entre Mulleres" otorgado polo Concello de Lugo.

Identifícate en OboLog, o crea tu blog gratis si aún no estás registrado.

Avatar Tu nombre