Avisar de contenido inadecuado

Árbore dos desexos

{
}

Aquí temos o resultado gráfico da nosa actividade "A Árbore dos Desexos".

Nunha horiña tornamos un pino seco en verde de novo, cheo e ilusións e esperanzas que esperamos, polo menos algunha, se volvan realidade ó longo deste novo ano que entra. Dende aquí, faremos o posible para que así sexa.

En breve mostraremos de xeito detallado, tanto a problemática que os axunicos quixemos denunciar, como os desexos da xente para solucionalos.

A bola de neve faise grande!

Bo nadal e graciñas de corazón por alzar hoxe a vosa voz.

 

{
}
{
}

Comentarios Árbore dos desexos

Algún desexo xa se cumpliu. Axunica sigue medrando. Hoxe estivemos con Paulo e Anxo, dous rapaces de Pontevedra que queren ir a Nicaragua este verán. Quedamos en seguir en contacto e poñer algunha xuntanza cando a eles lles veña ben.
Noelia, Jorge, Natalia e Raquel propuxeron facer un mural- memoria coa actividade da Arbore  para recoller os desexos manifestados polas persoas que participaron e que a xente de Lugo os poidamos ver. Dician de darlle continuidade e pareceunos moi ben.
aurora aurora 28/12/2009 a las 21:49

Deja tu comentario Árbore dos desexos

Identifícate en OboLog, o crea tu blog gratis si aún no estás registrado.

Avatar Tu nombre