Avisar de contenido inadecuado

Calendario de estiño de 2009/10

{
}

Xa van moitos anos dende que o Colectivo Pedagóxico Estiño comezou con este calendario. Este do 2010, fai o número 31. Trata das comidas tradicionais galegas. O título é “bo proveito” e nel aparecen 24 viñetas que fan referencia a outras tantas comidas típicas de Galicia.

A gastronomía galega é tan variada e extensa que houbo que seleccionar moito ata quedar coas 24 que figuran. Coma sempre, este calendario non pretende ser un tratado completo sobre este tema, senon unha aproximación no plano infantil á nosa gastronomía e unha posta en valor das nosas comidas.

Participaron na súa confección un total de 15 centros educativos (que figuran coma sempre no calendario): da provincia de Lugo os CEIPs de Lousada, da Ponte, de Casás, de Mosteiro, do Chao de Pousadoiro, Cervantes, Paradela, Bretoña, Póboa de Brollón, os 2 de Chantada, e os IES de Casás e Meira, e de Ourense: os IES de Allariz e Viana.

A realización deste calendario é só unha parte do traballo dos alumnos/as, xa que tamén investigan sobre o tema, fan fichas sobre as comidas (incluso elaboran algunhas) e plasman os resultados nunha revista escolar que, co mesmo tema, se reparte polos centros participantes.

O “Calendario de Estiño” véndese a 1´5 € nos mesmos centros participantes, nas librerías Trama e Biblos, na CIG e na Cova da Terra. Cos cartos obtidos págase a imprenta e a revista e o sobrante dónase a Nicaragua a través da ONG AXUNICA coa que colaboramos dende hai 20 anos.

Que o disfruten.

COLECTIVO  PEDAGÓXICO  ESTIÑO.  LUGO

{
}
{
}

Comentarios Calendario de estiño de 2009/10

Son unha fel compradora do voso calendario. Levo moitos anos con el na miña cociña, xa ten un oco fixo resrvado. Este ano a miña distribuidora habitual non mo trouxo, e ainda seguimos coas rogas pegadas na porta. Onde podería mercalo? Vivo en Ourense capital. Moitas grazas e felicitacions polo voso bo traballo.
celsa perdiz celsa perdiz 05/02/2010 a las 17:27

Deja tu comentario Calendario de estiño de 2009/10

Identifícate en OboLog, o crea tu blog gratis si aún no estás registrado.

Avatar Tu nombre