Avisar de contenido inadecuado

Colaboración de Axunica en Haiti

{
}

Para as persoas que colaborastes con cartos para Haití, aquí vos indicamos a onde foron parar as vosas doazóns:

  • Grupo de Mulleres Organizadas en Haiti.- defensa contra a violencia e axuda en saude ás mulleres
  • Organización de Campesinos haitianos
  • Campo de refuxiados en Puerto Principe.- a axuda foi para os cativos; déuselles comida e material de uso hixiénico, xunto cunha festa que incluia unha cea.
  • Responsables de dous  Campos de Refuxiados.- deixóuselles un fondo para emerxencias.
  • Apoio a tres familias en estado crítico de necesidade ata a decembro, cando revisaremos os casos, coordinado por un responsable que apoia a Axunica en Haití, Collins Zamor.
  • Centro Escolar de Puerto Príncipe.- apoio económico para familias necesitadas.
  • GRUPO DE ORFELIN.- Orfos e orfas a consecuencia do desastre en Puerto Príncipe.
  • Camille Chalmers, da Plataforma Haitiana pola Defensa de un Desenrolo Alternativo (PAPDA)

Dispoñemos de facturas de tódolos gastos, que xa foron mostradas nun acto público de Axunica, e que están disposición de todos vos.

Se queres colaborar con Haití por medio de Axunica, fai un ingreso ó número de conta:

2091-0162-10-3000043533

En CONCEPTO escribe por favor: HAITI

Anímate! A tua axuda non se queda no camiño!

Actualmente acabamos de recibir unha doazón de 730 euros. Manterémosvos informados de como se vai emplear.

 

{
}
{
}

Deja tu comentario Colaboración de Axunica en Haiti

Identifícate en OboLog, o crea tu blog gratis si aún no estás registrado.

Avatar Tu nombre