Avisar de contenido inadecuado

CONCERTO DE AXUNICA POR NICARAGUA E HAITÍ 08.01.2011

{
}

O pasado oito de xaneiro Axunica organizou un concerto para recadar fondos para Nicaragua e Haití e tomar conciencia da situación que alí se vive.

Pois ben, un ano despois (desculpade por favor a demora) temos tódalas fotos recadadas do evento, e queriamos compartir algunhas con vos, para rememorar aquel día e agradecervos a todos a asistencia.

Temos un especial cariño ós grupos de música e teatro que fixeron posible a noite. Non sabemos como agradecervos a vosa colaboración desinteresada. Sabedes que os axunicos somos os vosos fans incondicionais e que podedes contar con nos para o que precisedes.

Tal e como está este mundiño, a axuda de corazón non pode pasar desapercibida. Aínda hoxe nos emocionamos recordando a sala chea de xente apoiando ó pobo haitiano e nicaragüense, cun ambiente de festa e compromiso. Sen todos vos isto non tería sido posible.

Axunica faise oír por medio de xente solidaria, de xente inqueda, de xente con esperanza e gañas de ver outro mundo. Sabedes que tedes a nosas portas abertas para cando queirades, tanto grupos, como asistentes e todos aqueles que queiran animarse a coñecernos un pouquiño máis.

Moitas moitas gracias de corazón a todos e a todas.

Deixámosvos coas lembranzas dun día inesquecible:

 

 TAGS:

 Leña Verde de Pol.

O grupo folk incondicional de Axunica. En 1998 recadaron fondos para paliar os destrozos do furacán Mitch, que foron vitais para que as comunidades coas que traballamos poideran sair adiante. Teñen a axenda apretadiña de traballo, pero non dubidaron en prestar a súa colaboración de novo. Graciñas a todos!

 

 TAGS:

David Taboada Grupo

A este grupo considerámolo o noso gran salvador do primeiro concerto. Guillermo prestouse a facer de técnico de son co seu propio equipo dende as 16h ata as tres e media da madrugada, sen coñecernos e sen pedir nada a cambio. E David Taboada, ante a baixa repentina dun grupo por problemas de saúde, subiuse ó escenario cunha guitarra e puxo ó público en pé deixando pegada. Neste segundo concerto, e seguindo a sua línea, volveron arrasar! Mil gracias chicos.


 TAGS:

Xenro

Viñeron dende Palas coa furgoneta cargada de instrumentos e amigos comprometidos, dispostos a facernos mover! Graciñas por axudarnos a conseguir que a denuncia dunha situación tráxica poidera levarse a cabo coa xente erguida, bailando e con gañas de loita!

 TAGS:

Mil gracias ós compañeiros de teatro por esa obra de humor satírico na que, entre risas, fíxo que nos percatáramos do alienados que este sistema pretende ternos. Somos conscientes do gran esforzo que supuxo para vos, tanto a vosa colaboración no concerto, como na feira de asociacións, e sentímonos moi afortunados de poder contar coa vosa axuda. As vivencias que impactan non se esquecen!

 

  TAGS:

IAN

Cunha chamada e sen dubidalo este formidable grupo lanzouse a colaborar con nos. Coñecímonos o mesmo día do concerto e a experiencia non puido ser máis positiva. Moitas gracias compañeiros, por unirvos á nosa causa e facer que tanta xente vos seguise!

 

 TAGS:

JOTINHO´S

Rematamos a noite bailando Bossa nova coa increíble voz de Silvia. Mil gracias por pechar o festival coa vosa música! Este é outro dos grupos cos que entablamos relación o día do concerto e deixounos abraiados.

A verdade é que escrbindo estas líneas, énchenos os ollos de bágoas, emocionados pola unión de todos ante a traxedia que sofren irmáns ó outro lado do charco.

Non quermos rematar sen facer mención ás nosas axunicas helena e máis viqui, que presentaron o acto facendo que todos nos sentiramos como na casa, e a Alberto do Clavi, xunto coa sua xente que nos prestaron axuda incondicional e máxima disposición dende o primeiro día.

Tratándonos tan ben, sentímonos tentados a repetir!

 TAGS:

HELENA E VIQUI con Nicaragua e Haití

 TAGS:

O FORMIDABLE TÉCNICO DE SON DO CLAVI.

 

¡MIL GRACIAS A TODOS!

LEVÁMOSVOS NO CORAZÓN

{
}
{
}

Comentarios CONCERTO DE AXUNICA POR NICARAGUA E HAITÍ 08.01.2011

Un gran concierto y una gran gente por una buena causa.  Seguid así!
Ana Barral Ana Barral 13/12/2011 a las 15:50
Moitas graciñas Ana. Nestes tempos de crise, precisamos os ánimos máis que nunca.
Unha aperta

Deja tu comentario CONCERTO DE AXUNICA POR NICARAGUA E HAITÍ 08.01.2011

Identifícate en OboLog, o crea tu blog gratis si aún no estás registrado.

Avatar Tu nombre