Avisar de contenido inadecuado

Concerto de axunica por nicaragua e haiti

{
}

Estimados compañeiros

Como xa vos fomos informando no noso blog, a situación de Nicaragua tra-las inundacións e a de Haiti despois do terremoto, cada vez é máis crítico. As axudas non chegan e a situación en ambos paises é desesperada.

Dende Axunica, como sabedes, temos proxectos para intentar que o máximo número de persoas poidan sair adiante, pero somos poucos e non temos medios para chegar a todos. Por iso decidimos organizar un concerto solidario de concienciación e recaudación de fondos para ambas causas. Os que nos coñecedes sabedes que a vosa axuda chegará íntegra e, seguindo o noso blog, podedes comprobar en qué se emprega cada céntimo.

Como din os nosos compañeiros de KASAK, o que non participa na loita, participa na derrota, así que vos animamos a que vos acheguedes o vindeiro 08/01/2011 o Clube Clavicembalo.

Os grupos de música LEÑA VERDE DE POL, DAVID TABOADA GRUPO, XENRO, IAN E JOTINHO´S, amenizados polos compañeiros de teatro, uniranse á loita tocando dende as 23:00 ata as 02:30h.

Disporemos tamén dun mercadillo de productos artesanais e de toda a información que queirades sobre a nosa causa.

Tanto o recaudado no mercadillo como o precio íntegro da entrada (5 euros) serán destinados os proxectos que se levan a cabo en ambos países, posto que tanto o dono do local como os grupos de música e teatro, actúan de balde dun xeito desinteresado. Moitas gracias de corazón a todos.

Agradecemos a vosa asistencia.

 Unirémonos por unha boa causa e pasaremos unha noite de festa e lembranzas entre amigos.

{
}
{
}

Deja tu comentario Concerto de axunica por nicaragua e haiti

Identifícate en OboLog, o crea tu blog gratis si aún no estás registrado.

Avatar Tu nombre