Avisar de contenido inadecuado

Do silencio á palabra do TeatroZero

{
}

Ibrahima M Benge propón unha reflexión sobre a inmigración co monólogo ‘Un extraño’

I.O.V/ Lugo.

Ibrahima M Benge, actor da compañía TeatroZero, chegou hai seis anos á España dende Senegal. Alí adicábase á pesca artesanal, a actividade máis importante do país, en continuo retroceso pola presenza cada vez maior da industria pesqueira internacional. ‘La pesca se agota. Fue la necesidad lo que nos llevó a cruzar el estrecho. Pensábamos que aquí tendríamos un trabajo digno, un futuro mejor…para muchos sólo el viaje supuso una tragedia’

El síntese afortunado por ter chegado vivo e estar libre, pero non quere esquecer ás máis de 20.000 persoas que morreron cruzando o estreito nin a todas as outras que están detidas nos once centros de internamento para estranxeiros (CIE’s) no noso país. Por iso entrou en contacto en Madrid con Adesalambrar, plataforma que denuncia as leis de estranxería por considerar que atentan contra a dignidade das persoas inmigrantes. Entre as iniciativas que organizan están os chamados círculos de silencio, actos non violentos de periodicidade mensual nos que se lembra durante unha hora aos que non teñen voz e son tratados inxustamente pola lei.

 Ibrahima M Benge

Lugo, é una das tres cidades españolas nas que se celebran estes círculos e para darlles máis difusión a ONGD local, AXUNICA, organizou da man da plataforma Adesalambrar a representación de Un extraño. Ibrahima xa ten levado este monólogo de Moisés Mato a moitos fogares. De feito, foi unha excepción que se celebrara en Lugo no centro Maruja Mallo pois unha característica da compañía Teatro Zero é achegar o teatro ás casas e propoñer un encontro íntimo promovendo o intercambio a partir da representación.

Con todo, a sala do centro social convertiuse nunha casa-teatro no que pouco máis dun metro separaba o actor do seu público. Un extraño expón de forma directa temas como o medo, a expoliación dos países do sur, a distancia da familia, a soidade, a discriminación e a prostitución. Ibrahima fala en primeira persoa mezclando vivenzas e interpretación. Despois duns intensos aplausos finais comeza un diálogo público-actor sobre os temas suxeridos e as emocións provocadas a través dunha choiva de ideas. Flúen as palabras e os asistentes entran sen medo nun espazo de encontro e reflexión.

Ibrahima asegura que sempre recibe moito do público e que a experiencia é moi forte para as dúas partes; ‘muchos me dicen que sienten vergüenza, que las palabras son como si les clavara un cuchillo; otros lloran, se quedan sin palabras o me piden un abrazo.’ Ibrahima asegura que foi dura a preparación deste monólogo, tivo que formarse nas técnicas de interpretación e enfrontarse á dificultade de memorizar un texto noutra lingua. Con todo, afirma que o proceso valeu a pena ‘el monólogo habla sobre lo que estoy viviendo en este momento. A veces en el teatro ves cosas que no pasan realmente, pero en esto, veo reflejada mi experiencia y la de todos mis compañeros’.

Sorrindo, Ibrahima afirma que o teatro deulle a voz que precisaba axudándolle a expresar os seus sentimentos, superando o bloqueo e o medo. Por iso anima a todas as persoas a coñecer esta iniciativa que lles da a palabra aos que non a teñen e visibiliza a súa realidade en primeira persoa.

{
}
{
}

Deja tu comentario Do silencio á palabra do TeatroZero

Identifícate en OboLog, o crea tu blog gratis si aún no estás registrado.

Avatar Tu nombre