Avisar de contenido inadecuado

Entrevista Ana Maria Vila na Voz de Galicia

{
}

Entrevista Ana Maria Vila na Voz de Galicia

O pasado 24 de xuño, A Voz de Galicia entrevistou a Ana María Vila, relatando a sua experiencia en Haiti.

Isto só é un pouquiño de todo o que temos para contarvos!

Transcribímola debaixo, por se non ledes ben:

 

"Ana Vila (Lugo, 1944) foi unha das fundadoras da ONG  Axunica que, desde o seu nacemento en 1996, colabora sistemáticamente co desenvolvemento económico de Nicaragua. O seu obxectivo agora, despois de estar dous meses como cooperante en Haití, é contar ao mundo cal é a situación verdadeira que se está vivindo no país centroamericano.

- ¿Cal foi a súa experiencia en Haití?

- Foi unha experienca moi positiva proque me puiden informar directamente da situación que se vive alí, que é moi grave, xa que a axuda da que tanto se falou nos medios non chegou ao pobo. Miles de persoas viven en tendas de campaña e non lles dan nin comida nin axuda para reconstruír as súas casa. O único que recibiron foi a tenda e auga potable.

- Entón,¿cómo define vostede a situación?

- Desde o meu punto de vista hai unha ocupación militar que debería ser substituída por unha verdadeira misión de solidariedade. A maioría da axuda que enviamos os cidadáns snon chega senón que vai destinada e que realmente non é necesaria.

- ¿Que é o que máis necesitan os haitianos neste momento?

- En primeiro lugar, que a xente sepa o que realmente está pasando; e tamén eliminar a inxusta débeda histórica e que o recursos que agora se están enviando para o auxilio e a reconstrucción non xeren unha nova.

- Fálase moito da extrema pobreza na que viven os haitianos desde a catástrofe pero, ¿como era a vida na illa antes do terremoto?

- A gran pobreza que xa existía antes foi a que provocou que morresen preto de 300.000 persoas. Se a situación fose normal, prevense que só morrerían entre 20.000 y 30.000 persoas.

- Nos medios tamén se falou moito da ola de delincuencia que se desatou despois do terremoto, ¿foi realmente así?

- Para nada foi así. Eu estiven alí dous meses e nunca vin unha revolta. Penso que foi unha escusa para a invasión militar que se fixo e paréceme dunha inmoralidade total. En realidade é un pobo moi tranquilo, pacífico e amante da arte. Ademáis, os haitianos son moi solidarios e demóstrarono despois da traxedia, acollendo aos máis desfavorecidos.

- ¿Como vai axudar a súa onegué ao pobo haitiano?

- A través de organizacións populares dalí. Por suposto a xente que colabora vai saber sempre  que se destinan os seus cartos.

 

{
}
{
}

Comentarios Entrevista Ana Maria Vila na Voz de Galicia

La entrevista podría ser 'normal' de una cooperante si no se tratara de que las respuestas las dio 'Ana'. Yo conocí a Ana, fui alumna suya.  Por una casualidad me han llegado noticias de vuestra ONG, y luego de ella. Cierto que no recuerdo a Ana, o mejor, tengo un vago recuerdo de ella, desdibujado, aunque sí resuena su voz , su tono y cadencia y su fuerte acento gallego.
Sólo decir, que fue una persona importante en mi vida dejando una gran huella moral, indeleble,  que permanece dentro de mi.  Quizá uno de los valores morales fundamentales que nos transmitió a aquellas niñas de entonces, de aquel barrio 'obrero' del final de los setenta,  fue el valor absoluto del verbo 'implicarse' .
Aquello fue un precioso regalo, que, desde la perspectiva del tiempo se recuerda con nostalgia.  Gracias Ana, 33 años después.
Y en cuanto a AXUNICA, colaboraré.
Saludo cordial
ferrero ferrero 11/07/2010 a las 18:12

Deja tu comentario Entrevista Ana Maria Vila na Voz de Galicia

Identifícate en OboLog, o crea tu blog gratis si aún no estás registrado.

Avatar Tu nombre