Avisar de contenido inadecuado

Axunica en Axunica

15/10/2013

San Froilan Asociativo

O pasado  de outubro varias asociacions e ONGs lucenses xuntámonos para celebrar un San Froilan reivindicativo no que cada un aportou o seu gran de area.

Amosámosvos unhas fotos do evento para os que non poidéstedes pasarvos.

Mil gracias a todos por faver que o día fose inesquecible!

9/05/2012

Do silencio á palabra do TeatroZero

Ibrahima M Benge propón unha reflexión sobre a inmigración co monólogo ‘Un extraño’

I.O.V/ Lugo.

Ibrahima M Benge, actor da compañía TeatroZero, chegou hai seis anos á España dende Senegal. Alí adicábase á pesca artesanal, a actividade máis importante do país, en continuo retroceso pola presenza cada vez maior da industria pesqueira internacional. ‘La...

27/12/2011

Bo Nadal

Agora que este ano 2011 está a rematar, dende Axunica queriamos pórnos en contacto cos nosos socios para agradecervos o apoio e desexarvos que o vindeiro ano sexa, a pesar das nubes mouras de pesimismo que levan tempo abafando a xente, mellor que o anterior.

Coa vosa axuda deste ano desenvolvemos en Nicaragua, sempre atendendo ás peticións da...

8/11/2011

CONCERTO DE AXUNICA POR NICARAGUA E HAITÍ 08.01.2011

O pasado oito de xaneiro Axunica organizou un concerto para recadar fondos para Nicaragua e Haití e tomar conciencia da situación que alí se vive.

Pois ben, un ano despois (desculpade por favor a demora) temos tódalas fotos recadadas do evento, e queriamos compartir algunhas con vos, para rememorar aquel día e agradecervos a todos a asistencia.

Temos un especial...

10/03/2010

O novo comedor de Palo Quemado

Por que Axunica é diferente a outras ONG´S?Primeiro, a súa presenza nunca foi a dunha organización colonizadora que chega a Nicaragua co obxecto de marcar directrices ou pautas de traballo desde unha posición soberbia e arrogante (como fan moitas ONG´S). Chegou sempre adaptándose á camiñada das comunidades, dos grupos de base, dos movementos sociais que xa estaban en...

27/01/2010

Colabora con Hatí a través de Axunica

Ante o acontecido en Haití, dende Axunica pensamos que non podemos permanecer indiferentes. Como sabedes, o equipo de AXUNICA en Nicaragua está formado por persoas nicaragüenses organizadas en dúas fundacións legalmente constituida: CALLI TANDAY  e FUNDAVI. Desta última leva anos sendo membro da xunta directiva Ronie Zamor, un haitiano que vive alí dende hai tempo, moi comprometido coa...

8/01/2010

Sete voluntarios viaxaron cos seus medios no 2009 para colaborar e este ano xa hai lista de espera

«A xente que vai di que sempre recibe moito máis do que dá. O pobo de Nicaragua é extremadamente hospitalario e moi alegre a pesar da pobreza e da miseria; temos moito que aprender del, aquí somos moito máis individualistas», comentaron Natalia e Aurora, socias de Axunica. Unha cultura de pros -respecto, solidariedade, alegría, «musicalidade»- e contras -machismo...- que ao parecer atrapa a...

16/12/2009

Calendario de estiño de 2009/10

Xa van moitos anos dende que o Colectivo Pedagóxico Estiño comezou con este calendario. Este do 2010, fai o número 31. Trata das comidas tradicionais galegas. O título é “bo proveito” e nel aparecen 24 viñetas que fan referencia a outras tantas comidas típicas de Galicia.

A gastronomía galega é tan variada e extensa que houbo que seleccionar moito ata quedar coas 24 que figuran. Coma sempre,...