Avisar de contenido inadecuado

Nicaragua en Axunica

8/11/2011

CONCERTO DE AXUNICA POR NICARAGUA E HAITÍ 08.01.2011

O pasado oito de xaneiro Axunica organizou un concerto para recadar fondos para Nicaragua e Haití e tomar conciencia da situación que alí se vive.

Pois ben, un ano despois (desculpade por favor a demora) temos tódalas fotos recadadas do evento, e queriamos compartir algunhas con vos, para rememorar aquel día e agradecervos a todos a asistencia.

Temos un especial...

17/12/2010

Concerto de axunica por nicaragua e haiti

Estimados compañeiros

Como xa vos fomos informando no noso blog, a situación de Nicaragua tra-las inundacións e a de Haiti despois do terremoto, cada vez é máis crítico. As axudas non chegan e a situación en ambos paises é desesperada.

Dende Axunica, como sabedes, temos proxectos para intentar que o máximo número de persoas poidan sair adiante, pero somos poucos e non temos medios para...

14/09/2010

Inundacións en tepalón

Benqueridos/as amigos/as de Axunica.

Como lembaredes este ano houbo fortes inundacións en Tepalón, rexión de Nicaragua onde Axunica colabora dende hai máis de 20 anos.

Este é o enlace dun video feito por Jorge Luis e Maikel, dous amigos nicas, onde se reflexa claramente a situación de Tepalón. Leva moito esforzo e cariño, seguro que nolo transmite. Difundámolo para que chegue a máis xente...

10/03/2010

O novo comedor de Palo Quemado

Por que Axunica é diferente a outras ONG´S?Primeiro, a súa presenza nunca foi a dunha organización colonizadora que chega a Nicaragua co obxecto de marcar directrices ou pautas de traballo desde unha posición soberbia e arrogante (como fan moitas ONG´S). Chegou sempre adaptándose á camiñada das comunidades, dos grupos de base, dos movementos sociais que xa estaban en...

16/12/2009

Calendario de estiño de 2009/10

Xa van moitos anos dende que o Colectivo Pedagóxico Estiño comezou con este calendario. Este do 2010, fai o número 31. Trata das comidas tradicionais galegas. O título é “bo proveito” e nel aparecen 24 viñetas que fan referencia a outras tantas comidas típicas de Galicia.

A gastronomía galega é tan variada e extensa que houbo que seleccionar moito ata quedar coas 24 que figuran. Coma sempre,...

12/12/2009

Dúas mulleres de Nicaragua en Lugo.

Chilo e Norma, invitadas pola ONG luguesa Axunica. Dúas nicaraguanas en Lugo. «Son Noma Eliza, son Chilo Talavera», preséntanse. «Son nai de catro fillos e estou aquí pola graza de Deus» –di Chilo, que nada ten que agradecer a unha xerarquía eclesial soberbia que vive á sombra do poder e de costas ó pobo.

Cruzaron o charco cada vez máis pequeno do Atlántico e saltaron nunhas poucas horas a...