Avisar de contenido inadecuado

Mili Naveira recibirá a título póstumo, este martes 8 de marzo, "Día Internacional da Muller" o premio "Entre Mulleres" otorgado polo Concello de Lugo.

{
}

 

 TAGS:undefined

MILI NAVEIRAS
Naceu no Ferrol o 6.2.1945 e morreu en Lugo o 1-6-10 con 65 anos
Gustáballe a Física cuántica e estudiou a carreira de Físicas na Facultade, non podendo remata la ao ser expedientada por pertencer a unha comisión en contra da asimilación por Químicas.
Pertenceu á orde da Compañía de María como monxa, mais aló polo ano 1979 abandonou a mesma porque consideraba que se estaban aburguesando e non defendían ós probes.
Marchou coa súa amiga Encarna Cánovas para Andalucia a traballar nos invernadoiros durante un curso, e de volta na Galiza, uns amigos de Esther Losada e máis ela decidiron comezar a implantación de invernadoiros en Sarria.
No ano 1981-82 mudáronse a unha casa de aluguer en Piugos, onde permaneceron ata 1993-94 continuando a súa labor.
Mili daba clases particulares á rapazada da contorna e por medio da Asociación de Veciños, foi a impulsora do reforzo de luz no barrio de Piugos
Fixo tamén labor de enfermeira, poñendo inxeccións a toda a veciñanza, incluso aos animais, e mirando a tensión polas casas, as veces todos os días.
A súa casa estaba aberta a todo o mundo para o que se precisase, incluido a súa colección de libros de diversa temática: agricultura ecoloxica, literatura, receitas de cociña, escolares …
Foi a fundadora do COSAL (Comité de Solidariedade con América Latina) en Lugo, e as primeiras xuntas foron na súa casa en Piugos. Fixeronse varios murais con temática latinoamericana pola cidade de Lugo. O ultimo no muro debaixo do pabellón dos deportes, do que Mili fixo o deseño e a preparación do material.
Formou parte de Axunica (Axuda a Nicaragua) dende a súa orixe, segundo consta na acta fundacional do 19 -6-1996. Así mesmo foi vocal ata 2008 e, aparte de recadar fondos para os proxectos que se desenvolvían en Nicaragua, era a responsable de defender cada ano os proxectos que lles presentábamos ao Concello na Comisión de Avaliacion dos mesmos.
Apaixoada e entusiasta como en todo o que se metía, constituiu un dos máis importantes motores da promoción do Reiki en Lugo, sendo a súa aportación decisiva para crear a Asociación. Un punto de inflexión dende que entrou en contacto coa actividade.
A sua casa de Muxa foi centro de acollida onde se impartían cursos de Reiki para xente que viña incluso fóra do País, por suposto de xeito desinteresado, e se recibía algún ingreso por este motivo, a maior parte ingresábao directamente en Axunica.
Tiña unha faceta política e de xustiza social reflectida coa veciñanza na política, sindicato, cooperación con Nicaragua, etc. Do mesmo xeito, a súa relación coa Terra e cos animais era moi respetuosa.
A súa opción pola agricultura ecoloxica foi clara dende o principio. Facía compost e non utilizaba tóxicos para as prantas que cultivaba.
Non lle importaba demasiado a rentabilidade económica, de feito agasallaba moito máis do que vendía, e o que lle daban ela, buscaba a maneira de otorgarllo a outra persoa. Nunca se quedou con nada para ela, senón que facía uso do troco como medio de vida.
Profesora de clases particulares (pasantía) que compaxinaba, ás veces, con dar ao mesmo tempo Reiki. Nas sesións de Reiki, parecía que desbrozaba polos fios de enerxía que transmitía, coincidencia coa medicina chi-kun.
Nos últimos anos foi denunciada pola defensa dos manteiros que acudían ao San Froilán, xunto con Ana Vila Montero e moitos compañeiros e compañeiras que como ela loitaban pola dignidade das persoas sen importarlle as consecuencias, coa crenza de que só así se consegue o cambio.
O día primeiro de xuño do ano 2010, Mili marchounos dun xeito tan rápido e áxil como era ela nas súas ideas. Dende entón, as súas loitas pola liberdade xa non teñen límite porque xa non existen abusóns nin explotadores que poidan mancala.
Lugo quedou sen unha das súas loitadoras pola igualdade, polo respeto, pola solidariedade cos que sofren de problemas sociais, políticos, económicos ou persoais. O carballo foi descansar.
Dende Compostela a Ferrol, dende Muxía a Louzarela, dende Nicaragua a Haití, dende os teus tomates as túas lavandas.... Todos mándanche un sorriso que asemella ao que ti sempre adoitabas a darnos e nos segues a dar.
Ti que sempre falabas do fluir da enerxía, hoxe que é o teu día queremos que saibas que seguimos sentindo a túa profunda forza, e que nos da folgos continuar a túa labor, traballando por aquelas persoas que máis o precisan, dende o corazón e co sorriso contaxioso que te caracteriza.
Hoxe queremos celebrar contigo este recoñecemento que tanto mereces. Esperamos que con estas verbas a túa pegada siga viva en cada vez máis xente, como exemplo de vida e loita, porque grazas a mulleres coma ti, outro mundo pode ser posible.

 

{
}
{
}

Deja tu comentario Mili Naveira recibirá a título póstumo, este martes 8 de marzo, "Día Internacional da Muller" o premio "Entre Mulleres" otorgado polo Concello de Lugo.

Identifícate en OboLog, o crea tu blog gratis si aún no estás registrado.

Avatar Tu nombre