Avisar de contenido inadecuado

O novo comedor de Palo Quemado

{
}

Por que Axunica é diferente a outras ONG´S?

Primeiro, a súa presenza nunca foi a dunha organización colonizadora que chega a Nicaragua co obxecto de marcar directrices ou pautas de traballo desde unha posición soberbia e arrogante (como fan moitas ONG´S). Chegou sempre adaptándose á camiñada das comunidades, dos grupos de base, dos movementos sociais que xa estaban en marcha. E coido que ese é o único xeito lexítimo e ético para a cooperación.

Segundo, é unha organización numericamente pequena, pero ten a forza da semente que aínda sendo pequena achega a forza da árbore grande contida en si mesma. Non importa o número. O importante é que o que se faga sexa efectivo e se poida irradiar, multiplicar, que sexa unha referencia positiva que inaugura algo novo.

Terceiro, Axunica atópase en constante busca e formulación de novos ideais a perseguir, articulando a dimensión política, que é esencial. Na cooperación non se trata da boa vontade ou da axuda financeira, senón de entender e acompañar ao outro nas súas propias decisións e eleccións, promovendo un cambio sociopolítico que mellore as condicións de vida dos nicas.

Outro elemento significativo é a preocupación por traballar na nosa terra, en Lugo, informando, multiplicando as experiencias dos valentes nicas, promovendo charlas, invitando a persoas como Chilo e Elizza que poidan compartir as súas vivencias, que non son só verbas, senón experiencias, cotianeidade, resistencia, sonos, combates...expresións que convencen moito máis que o dito anteriormente.

{
}
{
}

Comentarios O novo comedor de Palo Quemado

Gustáronme moito as fotos, e alegroume moito ver terminada a obra do comedor.
Da gusto ver como traballades.
Espero ver algún día a obra en persoa, mentras tanto saúda a toda a xente que o fixo posible e aos que van a disfrutar dela.
Desde Lugo e desde Sinerxia ONGD, moitos bicos.
Miguel Losada Miguel Losada 10/03/2010 a las 22:47
Gustáronme moito as fotos, e alegroume moito ver terminada a obra do comedor.
Da gusto ver como traballades.
Espero ver algún día a obra en persoa, mentras tanto saúda a toda a xente que o fixo posible e aos que van a disfrutar dela.
Desde Lugo e desde Sinerxia ONGD, moitos bicos.
Miguel Losada Miguel Losada 10/03/2010 a las 22:47

Deja tu comentario O novo comedor de Palo Quemado

Identifícate en OboLog, o crea tu blog gratis si aún no estás registrado.

Avatar Tu nombre