Avisar de contenido inadecuado

Proxecto de latrinas

{
}

Durante estes días, presentamos dende Axunica a memoria sobre o Proxecto de latrinas que foi posible desenvolver nos últimos meses grazas á axuda do Fondo Galego de Cooperación, que subvencionou 30 latrinas para Tepalón. Houbo que solicitar unha prórroga na execución do proxecto debido á situación de grave emerxencia sufrida na zona por chuvias torrenciais que imposibilitou a construción das latrinas. Como xa sabedes, a poboación da zona tivo que ser evacuada e realoxada na súa meirande parte e o solo permaneceu en condicións que facían imposible o levantamento das devanditas latrinas. Pero finalmente foi posible a súa construción e na comunidade de Tepalón disfrutan xa dunhas mellores condicións hixiénico-sanitarias, o cal repercute na súa calidade de vida. É digna de mención a labor desenvolvida polos membros desa comunidade, que se implicaron na súa construción e na asistencia ós cursos de formación para unha óptima utilización e mantemento das mesmas. A tarefa do equipo de traballo de Nicaragua foi tamén esencial para levar a cabo este proxecto, grazas ó seu seguimento continuo e á preocupación pola situación da xente de Tepalón durante a emerxencia meteorolóxica. Este proxecto, financiado polo Fondo Galego de Cooperación, contribúe a mellorar a calidade de vida de moitas persoas que viven nunha comunidade moi castigada de Nicaragua pero que loita e traballa por un futuro mellor. Grazas a todos os que o fixeron posible!

{
}
{
}

Deja tu comentario Proxecto de latrinas

Identifícate en OboLog, o crea tu blog gratis si aún no estás registrado.

Avatar Tu nombre